Tráfico na Escola

Clases de Educación Vial no ceip Carlos Casares
Tráfico na Escola

Ao redor de 60 alumnos do CEIP Carlos Casares coñeceron as normas de tráfico nun circuíto para bicicletas habilitado no patio

Con só 3 e 4 anos, o alumnado do CEIP Carlos Casares demostraron esta mañá que as normas de circulación son unha materia que teñen controlada. Así, da man da Policía Local e de Protección Civil, percorreron un circuíto de bicicletas con sinais horizontais e verticais e ata unha rotonda. Fixérono por quendas e grazas a unha xornada de mobilidade organizada pola Xefatura Provincial de Tráfico en colaboración co Concello de Xinzo de Limia. Os cativos e cativas estiveron acompañados polo concelleiro de Mobilidade, Ramón Gómez; a subxefa provincial de Tráfico, Andrea Conde e a coordinadora de Educación Vial, Sinda Aguiar.

mobilidade