O tráiler do programa "Camiño da Innovación" da axencia Galega de Innovación está xa en Xinzo

Trailer "Camiño da innovación"
O tráiler do programa "Camiño da Innovación" da axencia Galega de Innovación está xa en Xinzo

Está aparcado, para visitalo, na praza Carlos Casares dentro do seu preriplo de etapas pola xeografía galega.

A Axencia Galega de Innovación puxo en marcha a iniciativa "Camiño da Innovación" dirixido a microempresas e pemes galegas.

No mesmo poderán recibir Asesoramento personalizado sobre as oportunidades e potencial de innovación por parte do persoal da Axencia Galega de Innovación, así como, asistencia aos encontros coa participación de pemes innovadoras da contorna de dita etapa.

ENCONTRO DE PEMES

Paralelamente a estancia do tráiler haberá un encontro de pemes na Casa da Cultura.