Trasmiras leva dende o pasado martes sen sen atención médica.

concello de trasmiras
Trasmiras leva dende o pasado martes sen sen atención médica.

Os veciños teñen que trasladarse a Sarreaus ou a urxencias

As veciñas e veciños de Trasmiras levan días desprazándose a Sarreaus, e mesmo son derivados a urxencias para poder ser atendidos, sen pórse ningún tipo de axuda ou medida para o desprazamento dos nosos maiores sen recursos por parte do goberno municipal.

Segundo comenta Maróa do Mar Alonso, cando falta o médico no concello veciño de Sarreaus, a nosa médica desprázase ata alí para pasar consultas, pero se a baixa afecta á nosa médica, somos nós os que temos que desprazarnos ata Sarreaus cos nosos propios medios. Semella que ata para a atención sanitaria somos un concello de segundas, e quen nos representa nada fai para remedialo e exercer presión para que se tomen medidas, xa non é a primeira vez que acontece isto.

Solicitámoslle encarecidamente ó Sergas que tome cartas no asunto e trate de solucionar o problema o antes posible. Entre a nosa veciñanza hai moita xente maior que non pode prescindir do servizo sanitario do día a día, e moito menos desprazarse ao concello veciño.