domingo. 24.09.2023

Desta vez gustaríame facerlle saber aos veciños, que por culpa da nefasta xestión do actual rexedor de Trasmiras, acabamos de perder un obradoiro de emprego que ía dar traballo a 20 veciños, axudando así a fomentar a inserción laboral tan necesaria nas nosas aldeas, e máis nesta zona tan escasa en ofertas de emprego. 

Póñovos en antecedentes; 

O 27 de febreiro de 2020 o Sr. alcalde, no pleno ordinario, deu conta ao grupo de goberno de Trasmiras da solicitude dun obradoiro dual cos concellos de Sandiás, Sarreaus, Vilar de Barrio e Xinzo de Limia. O obradoiro íase chamar "O Lago de Beón no camiño" para favorecer as actuacións, traballos de acondicionamento e mellora, etc... o paso do camiño de Santiago por estas vilas. Este obradoiro ía ter unha duración de aproximadamente 9 meses, con 20 empregados, 5 de cada concello, e prevíndose como data de inicio o 1 de xullo do 2020.

trasmiras_aChegado ó día e sen ter máis noticias, chegaronme informacións exteriores de que o obradoiro estaba no aire por culpa do concello de Trasmiras. Supostamente este mandou mal a documentación, estaban as cesións dos terreos nos que se ían xustificar as labores, pero non aparecía recoñecida a cesión de utilización dos mismos durante 25 anos por o concello, tal como así se pedía nas bases reguladoras do obradoiro. Posteriormente, fora de prazo presentouse o desestimento das obras neses terreos para que os outros concellos sí puderan seguir adiante, pero xa era tarde, o obradoiro estimábase desistido por non estar toda a documentación requerida en condicións. 

Como concelleira do BNG na oposición fun falar co alcalde para que me explicará a súa versión.

Según Emilio Pazos o obradoiro aínda se estaba xestionando e a data de comezo atrasouse por culpa do coronavirus. Segundo ía falando con él, e tendo outras informacións que él non pensaba que eu soupera, empezou a contradecirse chegando incluso a recoñecer problemas na presentación da documentación dos terreos para as actuacións en Lobaces, Zos e Abavides. Cando lle recriminei que despois de 12anos á fronte do concello non tiña xustificación presentar mal está documentación e perder un obradoiro de vital importancia para a nosa cidadanía, culpou aos administrativos de Trasmiras e mesmo ao concello de Vilar de Barrio, que é quen remite as certificacións que os concellos adheridos lle envían para a xestión deste. 

A día de hoxe o obradoiro o Lago de Beón no camiño está no limbo. Un dos afectados foi o concello de Vilar de Barrio e sabemos que o seu alcalde está tratando de facer todo o posible para que non se anule e ainda o concedan.

Non entendemos como o alcalde de Trasmiras pode estar tan tranquilo despois de ser o culpable desta desfeita e non mova ceo e terra para arranxalo, é o mínimo que debería facer é non deixalo pasar, pois desta vez non só afecta a Trasmiras, senón a outros catro concellos máis os que este obradoiro lle traería moitas melloras para os seus veciños. 

Dende o BNG Trasmiras gustaríanos pedir disculpas aos concellos afectados por esta nefasta xestión, da cal nos avergonzamos profundamente e esperamos que ogallá aínda teñamos algunha posibilidade de aceder a él.

Trasmiras perde un obradoiro de emprego para 5 persoas por presentar mal a documentación