Trasmiras e Sarreaus contarán con unha casa niño cada concello

image_gallery
Trasmiras e Sarreaus contarán con unha casa niño cada concello

15 novas casas niño no rural galego

Coa próxima apertura de estes novos recursos a prol da conciliación, Galicia contará con 61 casas niño situadas en distintos concellos de menos de 5000 habitantes. Respecto image_galleryao emprazamento das novas unidades, Feijóo explicou que 7 delas se situarán na provincia da Coruña, concretamente nos municipios da Capela, Aranga, Irixoa, Monfero, Santiso, Vilarmaior e Vilasantar. Tres na provincia de Lugo, en O Paramo, Rábade e Triacastela e, as outras cinco restantes, nos concellos de Petín, Sarreaus, Taboadela, Trasmiras e Vilardevós na provincia de Ourense. E lamentou a ausencia de solicitudes por parte dos tres concellos de Pontevedra que podían optar a este recurso.

Durante a súa intervención, o presidente da Xunta congratulouse da boa acollida que está a ter este recurso e destacou que está prevista a publicación na primeira metade deste ano dunha nova convocatoria á que se poderán presentar 36 concellos. De tal xeito, sinalou, Galicia podería acabar a década con 76 casas niño en pleno rendemento.

Ademais, o titular autonómico salientou que a dita iniciativa vén a sumarse a un completo paquete de medidas que fan que na nosa Comunidade hoxe sexa máis sinxelo conciliar do que era hai unha década. Entre esa medidas figuran, dixo, as máis de 24.000 prazas de gardería sostidas con fondos públicos, liñas de axuda para a apertura de escolas infantís nos polígonos industriais ou recursos como o Bono Concilia, o Bono Coidado, a Tarxeta Benvida e axudas directas e deducións fiscais.