Un tratamento con punta de diamante o último en limpeza facial na Limia
Axuda a limpar a pel e mellora a elasticidade
A estética está continuamente renovándose e incorporando novos tratamentos. Lorena Lozano Estética e Beleza en Xinzo, conta con este tratamento a base de partículas de diamante. O que se consegue con el é a rexeneración celular e o incremento da elasticidade ó tempo que se eliminan manchas da pel e suciedade, como os puntos negros. Isto lógrase a través de microcristais propulsados a gran velocidade ó longo da superficie da pel. Todos os beneficios reunídos nun único tratamento indoloro e que está de oferta neste mes por 29 euros.
Coa intención de obter un cutis libre de impurezas, tamén ofrecen un peeling que combina cinco técnicas para lograr unha exfoliación profunda.
Este mesmo centro de estética da rúa de San Roque, conta coa cavitación como unha das técnicas máis novas para combater a celulite, a pel de laranxa e a coñecida como "pel de colchón".
Trátase dun tratamento que elimina a grasa acumulada que se localiza en determinadas zonas do corpo. Os resultados conséguense a través de ondas ultrasónicas que desfán as conexións celulares de grasa para eliminalas polo sistema urinario. Os expertos sinalan que os resultados da cavitación son similares a unha liposución pero sen sentir dor. Iso si, o tratamento non é para perder peso, tan só para eliminar a concentración de grasa.