O “Tren Polar, xa chegou con todo o seu esplendor

Vista completa da praza Maior de Xinzo no Nadal 2022
O “Tren Polar, xa chegou con todo o seu esplendor

Tamén a “Casa de Papá Noel” está preparada para recibir ao seu morador

Onte a noite, sa quedou rematada a decoración de Nadal na praza Maior.

Todos os elementos que a conformarán, falta a carpa, xa están no seu lugar e lucindo o seu colorido, ata co alumeado funcionando ao 100%.

Este ano a casa de Papa Noel, aumentou de tamaño no seu exterior cun xardín para que os máis cativos poidan facer a espera, o día que estea o seu morador, máis amena.