“Trío de ases” da Limia no Salón Gourmets 2022 en Madrid

Expositores da Limia en Gourmets
“Trío de ases” da Limia no Salón Gourmets 2022 en Madrid

Por primeira vez, da man do INORDE, tres produtores da Limia presentes no Salón Internacional

Despois de 35 anos dende a primeira edición do Salón Gastronómico de Madrid GOURMETS, por primeira vez, están presentes xunto con máis de 1.600 expositores de todo o mundo, tres firmas da Limia arroupadas neste caso polo INORDE.

PATATAS AMA- A VAQUERÍA- COOPERATIVA POSTOIRO

1.1
A VAQUERÍA

Agricultura e gandería están da man no salón. Produtos da terra como a cebola autóctona representada neste caso pola cooperativa POSTOIRO de Vilar de Santos na que levan traballando dende fai anos 8 socios plantando e experimentando novas producións agrarias, sobre todo a cebola.

Do mesmo sector e con pataca de calidade amparada pola IXP de Galicia, está Patatas AMA, primeira firma que se lanzou ao mercado por internet de pataca de calidade, sendo nestes momentos o que practicamente vende toda a súa produción na Limia desta maneira.

3.2
Amador Díaz

Por último e dende as terras altas da Limia (Baltar) está presente, despois de escasos meses de apertura de establecemento ao público en Xinzo A VAQUERÍA. Chega a Gourmets para promocionar a carne 100% galega e 100% en liberdade. Todas as súas vacas están no monte, en liberdade total.

2
Lucas Vazquez

Todos están moi satisfeitos coa súa presenza en Gourmets, non solo por mostrar os seus produtos se non tamén pola representación da comarca no primeiro salón europeo de alimentación de exquisiteces e o segundo do mundo.