Novo camión con axuda humanitaria para Ucraína

Sin título
Novo camión con axuda humanitaria para Ucraína
"Xa son catro os camións que saíron cara Polonia e Ucraína do parque de maquinaria da Deputación" comenta Luz Doporto.

A deputada de Igualdade e Reto Demográfico, Luz Doporto, supervisou esta mañá no parque de maquinaria da Deputación de Ourense, situado no polígono industrial de San Cibrao das Viñas, a saída dun novo envío de axuda humanitaria para Ucraína. Este envío realizouse en colaboración coa Asociación Galega de Axuda a Ucraína, cuxa presidenta e secretario, Natalia Afónina e Antonio Corredoira, tamén estiveron presentes xunto á edil de Servizos Sociais do Concello de Ourense, Eugenia Díaz Abella, ademais de persoal da Deputación.

Luz Doporto e Eugenia Díaz Abella

Luz Doporto destacou que “son xa catro os camións que partiron do parque da maquinaria da Deputación dende o comezo do conflito bélico cara Polonia e Ucraína, cunha media de 30 toneladas cada un”. A deputada salientou especialmente que este envío “inclúe ademais de materiais de primeira necesidade como roupa e alimentos, doados por todos os concellos da provincia, outro tipo de materiais cedidos por diferentes entidades”.

A deputada tamén aproveitou a ocasión para mostrar o seu agradecemento ao persoal que traballa nas instalacións habilitadas pola Deputación para coordinar a resposta dos concellos da provincia ante a crise humanitaria que sofre o pobo ucraíno, xa que “sen eles, que traballan dun xeito incansable, non sería posible a resposta que estamos a dar ante esta situación”.