A unidade de doazón de sangue estivo en Xinzo

197
A unidade de doazón de sangue estivo en Xinzo

Durante todo o día de hoxe venres a unidade móbil(autobús) de doazón de sangue da Axencia Galega de Sangue con base en Santiago desprazouse ata Xinzo como é costume para recoller as doazóns dos veciños e veciñas non so de Xinzo , se non da comarca.

196Segundo os membros que hoxe lles tocou facer o traballo pola tarde a afluencia de doadores está sendo regular, entre 40/45 por día.

Tamén depende bastante da época do ano, se nos toca no verán, a xente está de vacacións e entón acode menos xente. Con respecto a outras vilas da provincia a afluencia e mais ou menos a mesma.

Tamén depende moito a hora do día, precisamente cando recollemos a testemuña gráfica o persoal do autobús estaba tendo un respiro ata a hora de peche dos establecementos , na cal se achegan mais doadores o autobus.

MEDIA DE 50 ANOS

O que si nos comentaron, é que a media de idade dos doadores si é bastante alta, poderíase calcular en 50 anos. Os mozos e mozas son mais reticentes para este tipo de doazóns.