A Unión Europea prohibirá a aplicación de puríns nas superficies agrícolas

finca
A Unión Europea prohibirá a aplicación de puríns nas superficies agrícolas

A SGHN conclúe que "á vista das evidencias científicas, en Galicia si que ten todo o sentido a norma da Unión Europea e a súa esixencia para percibir subvencións con fondos públicos europeos".

A entrada en vigor dunha nova normativa da Unión Europea para percibir axudas da PAC (Política Agraria Comunitaria) que prohibe a aplicación de puríns nas superficies agrícolas mediante sistemas de plato, abanico e canóns, agás excepcións xustificadas, está a xerar unha grande oposición por parte do sector gandeiro e facendo correr ríos de tinta nos medios de comunicación.

En primeiro lugar, é preciso salientar que, segundo informa a Sociedade Galega de Historia Natural, "como calquera entidade que da unha axuda económica a un terceiro, a Unión Europea pode poñer aos solicitantes as condicións que considere axeitadas, neste caso para preservar a calidade ambiental (e tamén a calidade das augas que bebemos).

En segundo lugar, hai xa vinte anos que se documentou por primeira vez que a deposición atmosférica de nitróxeno en Galicia en forma de amonio é maior que a de nitrato. Inicialmente foron datos a nivel local e logo a nivel xeral segundo a rede de control e análise da auga de chuvia instalada pola Xunta de Galicia, que amosa que o 84% da deposición de nitróxeno en Galicia é en forma de amonio. Xa que logo, en Galicia a principal fonte de contaminación atmosférica por compostos de nitróxeno e da súa deposición posterior sobre o terreo non é nin a industria nin o transporte senón probablemente a actividade agro-gandeira, nomeadamente os puríns xerados nas explotacións estabuladas intensivas.

A SGHN conclúe que "á vista das evidencias científicas, en Galicia si que ten todo o sentido a norma da Unión Europea e a súa esixencia para percibir subvencións con fondos públicos europeos".