Os usuarios da biblioteca municipal de Xinzo prefiren ler novela en castelán

biblioteca 1
Os usuarios da biblioteca municipal de Xinzo prefiren ler novela en castelán

O espazo de lectura conta con máis de 2.000 socios

Os hábitos de lectura dos usuarios da biblioteca mudan por idades. Os adultos prefiren a temática histórica con títulos como "Las tres bodas de Manolita", "Palmeras en la nieve" ou "La templanza". Os adolescentes escollen obras que narran feitos fantásticos e que tratan sobre o amor, como "Insurgente" ou "Divergente". Os máis pequenos optan por clásicos como "A Sereíña" ou "Os bolechas".

A cousa equilíbrase cando falamos do idioma no que leen, dos 2.741 usuarios que ten a biblioteca municipal, a maioría lee en castelán, o galego queda reservado para os libros de lectura obrigada por exemplo no caso dos estudantes.

Con todo a bilblioteca conta con 20.701 rexistros de libros, cifra que aumenta na realidade pois no caso de grandes coleccións quedan contabilizadas cun único número. Así as cousas, Manuela López, a bibliotecaria, sinala que "prestamos un bo servizo pero fai falta máis inversión en libros e en tecnoloxía". Pola contra, o espazo conta clásicos que datan do século XX, como edicións orixinais de xornais que se facían na Limia como "Eco Antelano" ou "Pueblo Antelano"; ou títulos clásicos e monográficos que só existen nesta biblioteca, "mesmo ven xente doutros lugares para consultalos, como dende Allariz", sinala Manuela. Existe un catálogo online que se denomina Proxecto Meiga, e no que se pode consultar todo o fondo literario co que conta este espazo.

Manuela López traballa a diario na biblioteca sacando adiante proxectos para potenciar a lectura entre os máis cativos e en galego. bibliotecaria

Organiza contacontos para rapaces de distintas idades con posta en escea. Trata de familiarizalos coa lectura, que coñezan o espazo e se fagan socios.

A biblioteca de Xinzo funciona polas mañás tan só como sala de estudo e polas tardes como sala de lectura, estudo e para prestar ou devolver libros. Outros dos problemas que lle afecta é que hai usuarios que non devolven os libros, "pódense prestar 3 libros ata 15 días renovables pero temos casos de xente que levan cun libro 6 meses e non o devolven"sinala Manuela. Con todo é das que mellor funciona a nivel comarca en canto a servizo, abre todos os días de mañá e tarde e os sábados pola mañá.