No último plenario ordinario do Concello de Xinzo de Limia, o Grupo de Goberno Municipal, no debate sobre o apoio aos clubs deportivos e as distintas asociacións, trasladou a bancada do Grupo Popular que a nova filosofía no apartado deportivo municipal sería a mellora das instalacións; onde se chegou a dicir que o anterior concelleiro de deportes “non ía polas mesmas”.
Dita filosofía cae polo seu propio peso e a ignorancia da labor que se facía en deportes no anterior goberno é tan grande que “clama ao ceo”.
Fai meses anunciouse a bombo e platillo o investimento de 10 mil € na piscina climatizada, unha man de pintura, uns carteis e punto. O mesmo tempo que está pechada a sauna de dita instalación; onde era no primeiro que se debía investir ou tamén, no novo ximnasio.
Non se está a facer caso ás reclamacións das usuarias e usuarios, que levan meses sen poder facer uso da sauna, que levan meses sen poder ir os mediodías como antes se facía.
De nada vale vender á galería unha filosofía de mellora de instalacións, que calquera partido leva no seu programa electoral; se ditas instalacións se baleiran.
E a boa herdanza que recibes dun Concello, que estaba a cabeza de Galicia no ámbito deportivo, que vas dilapidando pola nula xestión política, salvada en moitos casos polo traballo dos técnicos deportivos municipais e os propios clubs.