miércoles. 06.07.2022

Un ano máis dende o Centro de Desenvolvemento Rural “O Viso” celebraremos o 5º encontro das familias participantes no noso programa de Educación Infantil Familiar, xunto con todas aquelas persoas que desexen unirse. Terá lugar o día 17 de xuño as 17:00 horas.

Convidamósvos a compartir unha fermosa tarde de  actividades, xogos, intercambios, reflexións e experiencias en Lodoselo, en boa compaña, rodeados de animais e natureza.
Se estás [email protected] recorda inscribirte: Oficina do CIX (Rúa Ladeira nº21, baixo); Teléfonos: 988461571 - 678284358
e-mail: [email protected]

Esta actividade é posible grazas ó financiamento obtido da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia a través da subvención destinada a programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas.