V Festival Internacional de Bandas de Gaitas "Vila de Xinzo"

999
V Festival Internacional de Bandas de Gaitas "Vila de Xinzo"
Sábado 20 a partir dás 20:00

Este fin de semana se celebra o Vb Festival Internacional de Bandas de Gaitas "Vila de Xinzo", que reunirá na capital limiá arredor de cento trinta músicos entre gaiteiros e percusionistas.

O programa do festival comeza este sábado ás 12:30, con sendos pasarrúas protagonizados pola Banda de Gaites Candás (Asturias) e a Banda de Gaitas Xuntanza (Cataluña). Á tardiña, as 20:00, dará comezo o desfile de gala polas rúas céntricas da vila para, acto seguido, dar paso ó festival sobre escenario na praza Carlos Casares. Alí, precedido dun breve acto institucional de saúdo e benvida ás agrupacións por parte da corporación municipal, a partir das 20:30 h. o público poderá escoitar as melodías da Banda de Gaitas Real Xuvenil (Ourense), Banda de Gaitas Xuntanza (Cataluña), Banda de Gaites Candás (Asturias) e as anfitrionas Banda de Gaitas Xinzo de Limia – B e Banda de Gaitas Xinzo de Limia titular. Xa logo, a partir das 00:00 h. haberá unha foliada popular de músicos polas rúas, aberta e participativa. Ó mediodía do domingo 21, os asturianos de Candás e os galegocataláns de Xuntanza encherán de sons o casco histórico da vila, alternándose entre as 12:30 e as 14.00 h.