Valoracións finais do FAX

354
Valoracións finais do FAX

Seguiremos apoiando o FAX

A hora que actuou SES,a verdade é que había moito público, non sei aínda as entradas que se venderon pero durante a súa actuación había moita xente no recinto. Loxicamente cos outros grupos descendeu, pero iso é algo normal.

A valoración non pode ser mais que positiva posto que recuperamos algo para ofrecerlle a xuventude. Temos festivais de Bandafaltábanoss , de gaitas, etc e faltávanos esa parcela da música.

Dende o Concello seguiremos apostando porque é outra maneira de que chegue xente a Xinzo outro fin de semana do verán.

NON ESTABAN TODOS OS QUE SON….

355\“Eu vin moita xente da veciña Ziralla, pero temen votei en falta moita xente de Xinzo, que está durante todo o ano criticando a falla de cousas como esta, e o sábado non estaban no Toural. Ala eles\”

Os organizadores estaban tamén satisfeitos pola afluencia de público, sobre todo , despois de non facer o FAX durante 10 anos.

Esta é unha actividade mais, como pode ser o Esquecemento que acabamos de presentar ou o festival de Bandas ou de Gaitas, esta tamén era unha actividade nosa que queremos que volva a ser o que era.

Seguimos decindo que somos unha vila das mais activas tanto no deporte como na cultura, no sentido amplo do termo cultura, en todas as súas facetas.