VANDALISMO NO CASTELO DE PENA
O voceiro do Bloque Nacionalista Galego, Camilo Vila, advirte do aumento dos actos vandálicos no monumento senlleiro do concello.
Camilo Vila e Manuel Pozo, concelleiros do BNG en Xinzo de Limia recolleron as demandas veciñais sobre o deterioro que está sufrindo o complexo do Castelo de Pena. A veciñanza xa ten posto en coñecemento dos corpos e forzas de seguridade a situación e solicitan tamén solucións políticas. O Bng xa se puxo en contacto coa direción da última intervención arqueolóxica (2021-2022) para informar e solicitar que se emita o pertinente informe técnico á Xunta de Galicia. Do mesmo xeito, demandan un plan estratéxico para que o o monumento cobre un verdadeiro significado para a veciñanza a través do seu coñecemento, o seu uso e o seu desfrute. Deste xeito, recomenda ó Concello de Xinzo de Limia “botar man disto inmediatamente porque é un risco para as persoas e para o patrimonio”.
O Bng fixo un inventario de desperfectos que trasladou ás instancias pertinentes onde se recolle desde o movemento o merlón, varias fogueiras, lixo no alxibe e muros de pedra con inicios de derrubo.