O venres 7 de abril haberá unha mesa redonda na Casa de Cultura de Xinzo ás 20:30

111
O venres 7 de abril haberá unha mesa redonda na Casa de Cultura de Xinzo ás 20:30

Foi un dos acordos tomados na asemblea do mércores pola noite

O mércores pola noite reuniuse outra vez a coordinadora da plataforma veciñal \“Amigos das árbores da Limia\” para analizar os traballos realizados ata ese día e aprobar as diferentes actuacións a levar a cabo en adiante.

MESA REDONDA O VENRES

Un dos acordos acadados por todos os presentes foi a do anuncio de celebración dunha mesa redonda na Casa de Cultura de Xinzo o venres pola tarde/noite. A mesa terá como participantes, de momento un moderador e un representante da plataforma, que informará a tódolos presentes polo miúdo do que xa se sabe do proxecto que se levará a cabo pola Xunta e despois haberá intervencións do público , comezando cos representantes dos partidos políticos presentes e das asociación ecoloxistas presentes.

REFORMA PUNTUAL

Entre outros tomou a palabra a representante do PSdG-PSOE, Elvira Lama para recalcar que tanto eles como os demais grupos da oposición, \“non están en contra de que se faga a reforma do vial\” e por suposto de \“que se dote á avenida dos servizos necesarios, pero si de que para iso se teñan que talar 56 árbores.

PRESENTACIÓN DA IMAXE DA PLATAFORMA

112Na mesma xuntanza presentaron a imaxe que dende agora vai a identificar a plataforma, que non ten porque disolverse unha vez rematada esta acción, se non que se pretende que unha vez formada poida levar outras accións en defensa das \“poucas árbores que xa quedan na Limia, comparando con épocas pasadas.