"Venres feminino", segundo encontro dixital

II-Encontro-Venres-en-Femino
"Venres feminino", segundo encontro dixital
Conducido por Isabel Vilalba Seivane e Uxía de Buciños Nóvoa

Isabel Vilalba Seivane e Uxía de Buciños Nóvoa conducen o segundo encontro dixital dos “Venres en feminino”

Esta é unha iniciativa do proxecto europeo Equal Rural - do que forma parte o GDR Limia-Arnoia - e na que poden participar todas as persoas interesadas Mañá, vernes 14 de abril, terá lugar o segundo encontro dixital do proxecto “Venres en feminino”, que ten como obxectivo analizar o papel da muller no sector agrario e que está impulsado polo proxecto europeo Equal Rural e do que forma parte o GDR Limia-Arnoia, a Reserva da Biosfera de Allariz, a Associaçao dos Jovens Agricultores de Portugal (AJAP) e a Associaçao Inovterra. O encontro, no que poden participar todas as persoas interesadas, celebrarase de 10:30 a 11:30 horas e ter acceso a el é necesario enviar previamente un correo electrónico a limia-arnoia@limia-arnoia.gal Este segundo encontro estará conducido por Isabel Vilalba Seivane, do Sindicato Labrego Galego, que falará sobre os dereitos profesionais das labregas e o acceso á titularidade. A continuación, intervirá Uxía de Buciños Nóvoa que falará do seu proxecto feminino agroecolóxico bautizado como Tralaleira.

Os días 21 e 28 de abril celebraranse os outros dous encontros dixitais que forman parte do programa “Venres en feminino”