Verónica Villamarín Riós, gañadora do sorteo do comercio de Xinzo

13
Verónica Villamarín Riós, gañadora do sorteo do comercio de Xinzo

Irá de cruceiro polo Mediterráneo con todo incluído durante unha semana, cunha praza tamén (todo incluído) para a persoa que ela escolla de acompañante.

Preto de dúas mil papeletas foron as que se selaron na campaña de Nadal e que chegaron ás diferentes furnas distribuídas nos comercios da vila.

12Segundo indican os organizadores, a campaña foi un completo "éxito", posto que moitas das papeletas que se fixeron quedaron nas casas sen ser entregadas.

Setenta e tres tendas e comercios participaron nesta primeira edición. Os organizadores xa pensan noutra campaña antes do Nadal que vén.