Durante máis de catro horas levouse a cabo a primeira fase do certame ibérico de bandas no que se dirimían os gañadores do 1º concurso de solistas de caixa de banda, Cantareiras, Parellas solistas de gaita e percusión tradicional e cuartetos de gaitas e percusión.
Vinteseis eran os solistas e grupos participantes, tanto da Limia como de comarcas de Ourense e grupos vidos de máis alo do Padornelo.
O xurado composto por Arturo Lamas, Iván Costa, Oscar Ibañez, Manuel Durán e Fco. Javier Pena, todos eles músicos e profesores de reputado prestixio no mundo da música tradicional, tiveron difícil o outorgamento dos premios posto que todos e todas as participantes demostraron o seu saber, a maioría despois de moitos anos de “profesión” como a maioría manifestaron.
O concurso estivo presentado pola limiá Patricia Fernández Santana, a cal soubo facer que as catro horas que durou o mesmo pasasen case que nun suspiro.
O resultado final do xurado coincidiu coa apreciación do moito público que gardou un silencio sepulcral durante todas as actuacións, cuestión difícil de conseguir.
Moitos dos premiados pertencen nas distintas modalidades a participantes de Xinzo.
A clasificación en SOLISTAS DE CAIXA DE BANDA foi a seguinte:

3º premio para Mario Gómez García de Esgos, o segundo e o primeiro premio quedáronse en Xinzo, correspondendo o segundo a David Villarino Olmos “O Grelo”e quedando campión Xoán Losada Soto.
No apartado correspondente as CANTAREIRAS o 3º posto foi para o grupo de CANTAREIRAS DA LIMIA de Xinzo, o 2º para ACG AGARIMOS de Barcelona e o 1º foi para a CASA GALEGA DE L ´HOSPITALET.

O seguinte grupo de actuación foron as PARELLAS -SOLISTAS DE GAAITA E PERCUSIÓN.
Neste apartado musical o 3º posto foi para os limiás JAVIER PALOMARES RAMOS E LAURA PÉREZ MARTÍNEZ. O segundo levárono os irmáns RUBÉN e VICTOR DE LLANOS ESPINOSO de Barcelona e o primeiro posto foi para os tamén limiás JORGE GÁNDARA ANTOÑÓN e DAVID VILLARINO OLMOS.

Para finalizar os premios de CUARTETOS DE GAITAS E PERCUSIÓN FORON:

3º para ACG ROSALÍA DE CASTRO de Cornellá, o 2º para ALGARABÍA de Verín e o 1º para LEMBRANZA SOLPOR de Celanova.
Todos os participantes, antes da entrega dos premios recibiron uns agasallos da organización e un diploma pola súa participación das mans da alcaldesa Elvira Lama que pechou o acto cun agradecemento aos organizadores e a todos os participantes, sobre todo aos que tiveron que atravesar a península para estar en Xinzo, lugar onde todo o mundo é ben acollido.