A Vía Nova, espérate

cartel rairiz
A Vía Nova, espérate

Xa está aberta a inscrición, nos concellos de Bande e Rairiz de Veiga, para tomar parte nunha \“andaina pola vía nova\”

A mesma levarase a cabo o domingo 29 deste mes de maio dende o fermosísimo pobo de Congostro no Concello de Rairiz, para chegar ata o poboado romano de Aquis Querquernis en Portoquintela.

A saída será as 9:00 e a organización pon a disposición dos camiñantes, zonas de avituallamento e autobuses para trasladar ós participantes unha vez rematada a andaina.

A distancia será de 24 Km, cunha duración prevista de un pouco mais de 5 horas estando catalogada a andaina de dificultade media.