O vindeiro 30 de novembro, sábado, será a entrega da III Edición do Premio Pedra Alta de 2019, que concede o Museo da Limia

PEDRA ALTA2
O vindeiro 30 de novembro, sábado, será a entrega da III Edición do Premio Pedra Alta de 2019, que concede o Museo da Limia
O premiado nesta ocasión é o CDR “O Viso” de Lodoselo

Despois da favorábel acollida das dúas edicións anteriores do Premio Pedra Alta (2017, 2018), o Museo da Limia presenta a a terceira edición deste galardón, consistente nunha réplica do menhir situado no corazón da antiga lagoa da Antela, coñecido popularmente como Pedra Alta, creada polo escultor limiao Xosé Lois Carreira. O premiado recibirá tamén un diploma de recoñecemento, deseñado polos arquitectos Manuel Seoane e Lola Peláez. Os tres anteriores, membros tamén do Consello Asesor do Museo da Limia, aportan as súas colaboración dun xeito totalmente altruísta.

PEDRA ALTA2

O acto de entrega das distincións, aberto a cantos queiran asistir, será na sede do Museo da Limia e no salón multiusos do concello de Vilar de Santos o vindeiro día 30 de novembro (sábado). A laudatio do premiado corresponderalle ao limiao, profesor da Universidade de Vigo, Xosé Manuel Cid Fernández. O acompañamento musical, como nas edicións anteriores, estará a cargo de Luis Humberto Cao e Baldemoro Pavón. A celebración concluirá cun expléndido cocido de fraternidade limiá no restaurante Novaíño de Sandiás, que colabora como patrocinador.