VISITA A LODOSELO DUN GRUPO DE ESTUDANTES DO GRAO EN EDUCACIÓN SOCIAL

IMG-20190226-WA0026[34159]
VISITA A LODOSELO DUN GRUPO DE ESTUDANTES DO GRAO EN EDUCACIÓN SOCIAL

Esta semana estiveron no albergue de Lodoselo un grupo de mozos e mozas estudantes do Grao en Educación Social da Universidade de Vigo (campus de Ourense).

O luns coñeceron o proxecto do Centro de Desenvolvemento Rural “O Viso”, as súas orixes, evolución e as funcións dos educadores e das educadoras sociais na entidade. O bo tempo permitiulles percorrer Lodoselo mediante un entretido rastrexo no cal coñeceron a súa cultura, tradicións,...e, sobre todo, a amabilidade dos veciños e das veciñas, da xente do rural! Tamén puideron gozar dos xogos tradicionais. Remataron o día a gargalladas grazas a unha divertida velada.

O martes o cansazo era palpable, pero o entusiasmo tamén, polo que tiveron folgos para coidar os animais, facer o pan de modo tradicional no antigo forno de Lodoselo e para encher os bandullos cos boliños preñados antes de marchar.