sábado. 03.06.2023

Visto para sentenza en Xinzo por conducir a 215 Km/h

Roberto B.D, veciño de Trasmiras, acepta a condea do xulgado de Xinzo

144
Foto arquivo

No ano 2015, este veciño da Limia non se percatou do radar que a G.C. de Tráfico tiña instalado na A-52 no municipio antes citado, onde a velocidade tiña que ser de 120 Km/h. Roberto excedeuna e a denuncia pasou directamente ao xulgado da nosa localidade.  Despois de instar as oportunas dilixencias o día 2 deste mes de decembro foi xulgado aceptando unha multa de 1.080 €.

UN ANO SEN CARNÉ

Ademais da sanción económica, R.B.D estará un ano privado da licenza para conducir.  Como a sentenza foi de conformidade co sancionado, esta é firme e non ten dereito a recurso. Parece ser que durante todo o 2015 non chegou ao xulgado de Xinzo ningunha outra cuestión relacionada con velocidade excesiva.

Comentarios