Voltan as carreiras o hipódromo de Antela

cartel 3 de septiembre 2017
Voltan as carreiras o hipódromo de Antela

Penúltima careira deste ano 2017

Amplo programa con varias exhibicións que darán mais colorido e interese a xornada de carreiras do domingo 3 de setembro a partir das 16:00.

A partir das 16 horas haberá as probas de Trote Enganchado de carácter nacional .

Kefren Pura Raza ArabeA primeira das carreiras con 5 sulkis na area será para conseguir o Premio Cabalistas do Barbantiño , cun final incerto e de difícil prognostico ,no que parte como favorito Amour

de Quick, con Voski ,Peon e Santos de du Rib na disputa final.

A Segunda carreira de trote cunha distancia de 2300 m está prevista para as 16,40 h tendo dous claros favoritos para estar de primeiros na chegada, Quasai e Rambo.

O galope comeza coa 3ª carreira da Xornada co Premio dun mítico cabalo Ourensán ALENTO. O Cañonero, Proust e Burlada enfróntanse a Odds On que cada dia móstrase mellor. Toda una un incógnita New Fol ,que quizais siga os triunfos do seu pai Fol Parade.

Ás 18 h teremos a carreira de Árabes máis numerosa da Xornada ,nada menos que o Premio de Ou Esquecemento, sen dúbida unha carreira para non esquecer ou como dirían os nosos castrexos para non esquecer, proba Limián a lume de biqueira . Sen dúbida Syrah e os AB Electron e Bantari terán que pelexar os postos de honra contra Corso Tor e Twon Ledesma. Juanita Ft e Chango á expectativa para colocarse.

calendario_aprcg_2017_web_1

As 19: 20 h ,outra magnifica carreira na que se disputará o premio Hipismo.net ,que seguen as nosas carreiras con moita atención dende Venezuela. Cardali e Kefren parten como favoritos ,pero Revoltosa Cid ,Pawik e Menescar estarán sempre dispostos a destronar a estes súper árabes.

Os ponis con Madoock como claro favorito ,con Lola e Bico premendo.

Na última proba da xornada disputarase o Premio VT Asociados. Case resulta imposible predicir un gañador pois tanto A Cañiza como Barbe a Box e Capela teñen méritos suficientes para gañar.

Como sempre ao finalizar a Xornada de Carreiras ás 20 h sorteásese entre os asistentes queixo de Airas Moniz -TERRA .

Calendario provisional das carreiras do domingo

Participantes Provisionlaes Galope