Últimos días para inscribirse na andaina da Cruz Vermella

andaina Xinzo 2016 (1)
Últimos días para inscribirse na andaina da Cruz Vermella

O próximo día 1 os voluntarios da ONG terán un posto na rúa S. Roque dende as 11:00 ata as 13:00, para que a xente \“solidaria\”, se anote na carreira.

Recordamos que a mesma levarase a cabo o próximo día 5 de Xuño .

Ao igual que na edición anterior a ruta transcorrerá por parte da coñecida Ruta Franciscana chegando ata a Torre de Pena, habendo duas modalidades, a curta de 10 km e a completa de 20 km.

As inscripcións teñen un prezo de 7 euros (incluíndo un boleto de lotería do Sorteo do Ouro, avituallamentos e sorteo de agasallos). Poderanse formalizar as inscripcións na propia oficina de Cruz Vermella situada na Estación de Autobuses ou realizando un ingreso bancario na conta de ABANCA ES89 2080 0450 8231 1000 1568 (concepto Andaina Xinzo, nome e DNI do/a participante, importante traer xustificante de ingreso o día da andaina).

Tamén poden facer efectiva a inscripción nos establecementos de deportes de Xinzo: Centro Sport, Xinzo Sport e Barxe´s Sport.

Ademais como novidade desta edición, haberá un concurso fotográfico en ruta na que os participantes poderán optar a un premio moi especial: unha pantalla do noso entroido elaborada por Pantallas "O Cuco".

Dende a organización damos as grazas ao concello e ao comercio local de Xinzo que colaborou facendo posible unha segunda edición desta iniciativa solidaria na que convidamos a todo o mundo a participar.