Volven ós “danzantes” a rúa en Lamas

danzantes de Lamas
Volven ós “danzantes” a rúa en Lamas

Acompañando a procesión, como é costume dende fai uns anos, un grupo de 8 mozos de lamas saen a rúa co seu traxe típico, para facer o mesmo percorrido que a procesión.

COSTUME MOI ANTIGA

danzantes de Lamas 2

Coméntanos o \“adestrador\” dos mozos, que a tradición ven de fai moitos anos, aínda que tan so nós últimos 8 se leva facendo outra vez.

Quen tiña as claves dos bailes era un vello do luar, que antes de morrer adestrouno a el nos mesteres de seguir o ritmo do baile o son de ordes que el solo sabía.

Despois de que lle transmitiu as claves, el pasouno a solfeo, para que puidera ser interpretado por unha banda de música e os danzantes poder executar os bailes.

O percorrido faise dende a igrexa ata a capela, acompañados en todo tempo polas dúas imaxes que procesionan, a banda de música e moitos veciños que fan o mesmo percorrido.