Esta semana, despois dun obrigado parón por mor da pandemia, no Ceip Carlos Casares os nen@s de 6°de Infantil coas súas mestras SONIA e ROSA reactivaron as actividades enclavadas no marco do XACOBEO 2022.
ANIMAIS-TRAXES E FOLCLORE

Durante esta semana fixeron tres actividades , todas elas relacionadas co camiño.
Non se pode facer o Camiño de Santiago sen ter en conta a presenza dun animal que forma parte do noso facer cotián: a VACA. Para esta actividade solicitaron a axuda de BOAGA
( Federacion de Razas autóctonas de Galicia) para falarlles e presentarlles as diferentes clases de razas de vacas que temos na nosa autonomía, as súas características e o seu enclave.
A segunda actividade foi unha exposición.

Tampouco podemos facer o Camiño sen fixar a nosa atención no folclore galego. A indumentaria tradicional galega é unha parte importante do noso folclore.
Visitáron ao alumnado LUMECÚ ( Merche) acompañada de Susana. Artesana da vestimenta do TRAXE TRADICIONAL GALEGO que ten a súa sede no concello de Vilar de Santos, onde con outros artesáns promove no Museo da Limia as tradicións e costumes galegas.
Para rematar non podía faltar unha nova exposición, esta vez de instrumentos musicais.
Para iso achegáronse as aulas Fernando Dopico Blanco e Xoán A Losada ( ESCOLA DE DANZAS E GAITAS DE XINZO DE LIMIA) para facer unha presentación didáctica sobre instrumentos tradicionais galegos.
