XA condena o ataque a Rajoy e anima ós cidadáns a canalizar nas urnas o seu descontento

LOGO XA
XA condena o ataque a Rajoy e anima ós cidadáns a canalizar nas urnas o seu descontento

Xinzo Adiante manifesta publicamente a súa condena ante a agresión que sufriu o presidente de España, Mariano Rajoy, na súa visita a Pontevedra onte pola tarde. A través dun comunicado sinalan que "en ningún ámbito da sociedade está xustificado ningún tipo de violencia".

Dende XA apuntan que as organizacions políticas e determinados medios de comunicación "deberían frear o clima de crispación que eles mesmos crearon e que non favorece a paz social".

A formación anima ós limiaos e ó resto de cidadáns a que acudan as urnas e manifesten a través do voto o seu descontento e a súa indignación.