Xinzo Adiante envía un escrito ó Sergas para que exliquen os recortes sanitarios na Limia

XA
Xinzo Adiante envía un escrito ó Sergas para que exliquen os recortes sanitarios na Limia

O escrito foi rexistrado o 12 de novembro e dirixido e Eloína Núñez

Xinzo Adiante pídelle á Xerente de Área Integrada de Ourense, Eloína Núñez, que se persone na Limia para dar explicacións sobre os recortes sanitarios. Consideran urxente esta xuntanza e que se faga en hora e día que permitan a máxima asistencia de público. Dende XA solicítanlle tamén que conteste á moción aprobada por unanimidade no pleno municipal de Xinzo para que se manteñan as dúas enfermeiras en pediatría.

Por outra banda, no escrito piden que se cese a Directora de Procesos sen Ingreso e a Subirectora de Enfermaría "polo espectáculo bochornoso que viñeron protagonizar o pasado 9 de novembro nunha reunión mantida nunha asociación da capital limiá". Xinzo Adiante esixe saber a razón de que a visita das dúas técnicas do Sergas, se fixera a través da Escola Rural , que sinalan, ten pouca repercusión social. Do mesmo xeito, non entenden o motivo polo que os grupos políticos non foron avisados de tal xuntanza cando era un tema que afectaba a toda comarca limiá.

XA fala de "actitude caciquil" polo proceder das dúas técnicas que tomaron notas das queixas da xente que alí estaba naquela reunión, sen usar o procedemento legalmente establecido. Falan de "caza de bruxas" ante esta reacción das profesionais do Sergas. Consideran dende Xinzo Adiante que quixeron "desacreditar a profesionais da sanidade pública para xustificar os recortes".