Xa está rematada a puntuación dos escaparates da campaña de Nadal en Xinzo

Membros do xurado do concurso de escaparates de Nadal
Xa está rematada a puntuación dos escaparates da campaña de Nadal en Xinzo

O xurado percorreu os máis de 50 establecementos que este ano están dentro da campaña

Na tarde/noite de onte o xurado integrado pola alcaldesa Elvira Lama, o concelleiro de Promoción Económica Manuel Perez e a presidenta e secretario da Federación de Comercio de Ourense, xunto con un membro da directiva de ProLimia, percorreron os máis de 50 establecementos adheridos na campaña 2022, do comercio local.

Despois do percorrido os membros do xurado manifestaron que os tres premios que concede este ano ProLimia están moi igualados entre varios establecementos.

Ata mañá ou pasado non se saberá o resultado, ata que o secretario sume as puntuacións obtidas en cada un dos 8 apartados que se valoraban.