Xa está presentado o recurso contra a concesión da licenza municipal

286
Xa está presentado o recurso contra a concesión da licenza municipal

O Concello ten un mes para responder ao recurso presentado polos veciños de Parada.

Máis dunha ducia de veciños de Parada escenificaron con carteis, nas escaleiras da casa consistorial, o acto de presentación –xa anunciada– do recurso presentado ante o Concello de Xinzo de Limia pola autorización que a comisión de goberno lle deu á planta de fabricación asfáltica en Parada de Ribeira

Este é o primeiro paso da comisión creada polos veciños e veciñas para opoñerse a esa implantación. Este luns levaron a cabo a presentación do recurso, que de non ir adiante, sería o primeiro paso para logo levar a cabo a presentación doutro –pola vía xudicial– no contencioso-administrativo.

MAIS DE 3000 SINATURAS

Os representantes da agrupación O Muiño da Lama –encargada da campaña de recollida de sinaturas– declarou sentirse moi satisfeita porque xa levan recollidas máis de 3000 sinaturas de veciños e veciñas, non só do Concello de Xinzo, senon tamén de municipios limítrofes. É preciso lembrar que a maioría da comisión de goberno de Xinzo que deu luz verde á instalación da planta tamén asinou en contra da mesma, encabezada polo alcalde Antonio Pérez.