O xefe do GES de Muiños, investigado por un incendio en Lobios

ges muiños
O xefe do GES de Muiños, investigado por un incendio en Lobios

Segundo aparece no xornal dixital de La Región , J.R.R, de 28 anos e veciño de Quintela de Leirado

A Garda Civil de Lobeira toma declaración a J.R.R, de 28 anos, veciño de Quintela de Leirado como investigado, pola súa presunta autoría nun incendio forestal ocorrido o día 18 de xullo nos montes de Xendive -Lobios-, no que resultaron afectadas 54 hectáreas arborizadas e 13 hectáreas de monte baixo.

O incendiou motivou a intervención de medios de extinción da Xunta de Galicia, Brigadas GES concellos de Lobios e Muiños, patrullas da Brilat de Pontevedra e Garda Civil.