Unha xestión nefasta do alcalde e do concelleiro de Comercio e Cultura, esta provocando a ira dos comerciantes

Elvira Lama
Unha xestión nefasta do alcalde e do concelleiro de Comercio e Cultura, esta provocando a ira dos comerciantes

As poucas ventas no comercio local resíntense pola falta de ambiente navideño nas rúas da vila

Elvira Lama Fernández portavoz do PSOE no Concello critica duramente a falta de inicitiva do Concelleiro de Comercio Carlos Gómez, e do Alcalde Antonio Peréz, por ter toda a vila sen luces, nin adorno algun que ambiente o Nadal.

\“As árbores ecolóxicas colocadas na Praza Maior e na rotonda da estrada de Celanova levan 8 días sen alumbrado nin adorno algún, o que esta a provocar fortes criticas por parte dos comerciantes\”dí Lama.

Si nesta altura do mes de decembro non se axuda o pequeno comercio con un pouco de ambiente navideño, malamente se van animar os petos dos posibles compradores e consumidores que se achegan a Xinzo, desprazándose a outras vilas cercanas que xa teñen todo adornado dende primeiros de mes.

A silente Asociación de Comerciantes, si aínda pervive, non se pronuncia e o seu presidente debe estar moi ocupado, para non reclamar nada nin facer unha critica, ante o que os socialistas consideran un ataque os intereses dos comerciantes os que representa.

Lama di que \“ o Alcalde e os concelleiros parecen non vivir en Xinzo para saber que a xente esta que trina, as poucas vendas ven a sumarse a incompetencia de un grupo de goberno que non ten ningun interese polo comercio e a hostalería local, esquecendo que son eles os que están a soportar o peso da crise, agravada pola falta de entusiasmo nas rúas, que tanto predica o PP\”.