Xinzo acompañou a Rafael Vázquez

IMG_9215
Xinzo acompañou a Rafael Vázquez

Por expreso desexo da familia, os seus compañeiros de atletismo e de Protección Civil actual non fixeron ningunha manifestación especial de apoio

A ombros dos seus compañeiros bombeiros, vidos dende tódolos parques de Galicia, os restos de Rafael Vázquez foron trasladados dende o tanatorio ata a igrexa parroquial de Xinzo para uns actos litúrxicos.

IMG_9219Moitos foron os veciños e veciñas que se acercaron ata os tanatorios do polígono entre a tarde de onte e o día de hoxe, e moitos temen os que quixeron testificar o seu aprecio por o que durante moito tempo foi o responsable de protección civil de Xinzo e compañeiro de carreiras como afeccionado corredor de fondo.

Por expreso desexo da familia, os seus compañeiros de atletismo e de Protección Civil actual non fixeron ningunha manifestación especial de apoio, aínda que todos eles acompañaron a Rafael no día de hoxe.