Xinzo Adiante denuncia que a deixadez do grupo de goberno do pp pode provocar o peche do campo da feira

11111
Xinzo Adiante denuncia que a deixadez do grupo de goberno do pp pode provocar o peche do campo da feira

Actualmente no campo da feira, ademais da venda de animais e dos postos de polbeiras, tamén atopamos un punto de lavado de camións

A normativa vixente establece que despois de cada feira, ademais de limpar, o concello ten que desinfectar estas instalacións. Tamén indica que os animais e a comida deben 11111estar separados a nivel arquitectónico; e tampouco se debe permitir o acceso de vehículos privados ao recinto.
Isto estase incumprindo por parte do grupo de goberno no campo da feira de Xinzo. De feito, tivemos coñecemento de que se levantaron varias actas polo incumprimento da normativa e o concello non fixo nada. Tal foi a desidia ante os requirimentos das autoridades para cumprir coa lei, que hai unha orde de peche do recinto se non se toman as medidas para cumprir co marco legal vixente.
O que actualmente salva o campo da feira de ser pechado é o feito de ser o único punto en toda a vila onde se pode proceder á limpeza de camións.
Ante esta situación, o portavoz de Xinzo Adiante, Manuel Pérez Campos, presentou un escrito no concello solicitando copia das actas emitidas pola administración sobre este tema e solicitando ao grupo de goberno que se tomen as medidas necesarias para evitar que se teña que pechar o campo da feira.