Xinzo Adiante esixe o acondicionamento das cunetas da pista dos Castros ante o risco de inundacións nas vivendas a causa das choivas

77777
Xinzo Adiante esixe o acondicionamento das cunetas da pista dos Castros ante o risco de inundacións nas vivendas a causa das choivas

Todas as veciñas/os do noso concello pagan impostos –singularmente o desorbitado IBI consecuencia do Plan de axuste ao que nos levou a nefasta xestión económica do PP durante moitos anos- e merecen garantir duns mínimos servizos. O abandono do rural por parte do grupo de goberno do PP -tanto das aldeas coma das pistas adxacentes ao casco urbano- é inadmisible.

Coa chegada das últimas chuvias intensas, as cunetas da Pista dos Castros non son capaces de absorber toda auga debido ao estado de abandono da súa limpeza, pola desidia do goberno municipal; e a auga campa pola pista adiante: Mesmo se pode observar como polas tapas dos sumidoiros sa auga reborda. Isto supón un perigo para as vivendas situadas nesa pista, porque a auga accede aos patios de entrada á mesmas, formando inmensos charcos.

Desde Xinzo Adiante esiximos que o grupo de goberno do PP acometa todas as accións necesarias para acondicionar esta e as outras pistas do noso municipio, para evitar danos nas vivendas e molestias para a cidadanía.

Consideramos que, se o grupo de goberno púxese unha milésima do empeño que pon nas súas loitas internas de partido en traballar polo que realmente lles importa aos veciños para os que gobernan, moito mellor viviría a cidadanía deste concello.