XINZO ADIANTE EXPRESA A SÚA SOLIDARIEDADE COA DOR DO POBO CATALÁN E CONDENA O REPULSIVO ATENTADO TERRORISTA

xinzo adiante anagrama
XINZO ADIANTE EXPRESA A SÚA SOLIDARIEDADE COA DOR DO POBO CATALÁN E CONDENA O REPULSIVO ATENTADO TERRORISTA

Xinzo Adiante expresa a súa máis firme condena do atentado acontecido nas Rambles de Barcelona e manifesta a súa solidariedade con todas as vítimas e as súas familias.

Do mesmo xeito, apelamos á unidade de toda a sociedade e das diferentes forzas políticas para combater a barbarie terrorista. Uns atentados cometidos por sectarios, que queren ver na diferenza cultural unha escusa para cometer crimes na defensa das súas ideas extremistas, que nada teñen que ver co sentimento maioritario da sociedade. Nunca máis unhas ideas nin unha relixión para xustificar ou cometer actos de terrorismo e si á convivencia pacífica e ao respecto mutuo.

Queridas cidadás e cidadáns de Barcelona, unímonos á vosa dor e berramos con vós que NO TENIM POR I DERROTAREM EL TERROR! / NON TEMOS MEDO E DERROTAREMOS O TERROR!