Xinzo Adiante non apoia a ningunha candidatura

anagrama
Xinzo Adiante non apoia a ningunha candidatura

XINZO ADIANTE CHAMA Á CIDADANÍA A ENCHER AS URNAS O 20 DE DECEMBRO

Ante a convocatoria electoral ás Cortes Xerais do estado, que se celebrará o vindeiro 20 de decembro, na última asemblea de Xinzo Adiante aprobouse o seguinte posicionamento respecto a estes comicios:
1. Xinzo Adiante chama á cidadanía de Xinzo de Limia a acudir masivamente ás urnas, pois votar é a expresión democrática da vontade dos cidadáns.
2. Xinzo Adiante non apoia a ningunha candidatura en concreto, dando liberdade aos seus militantes e cargos electos a posicionárense individualmente do xeito que consideren axeitado.
3. Con todo, desde Xinzo Adiante pedímoslles aos cidadáns e cidadás de Xinzo de Limia que non apoien nin a PP nin a PSOE, pois estes dous partidos son os causantes da crise e dos recortes que levamos padecendo durante os últimos anos.
4. Desde Xinzo Adiante realizamos unha chamada a apoiar aquelas candidaturas que garantan a:
a. Creación de mecanismos de participación cidadá na vida pública.
b. Transparencia, loita contra a corrupción e eliminación de organismos caciquís como as Deputacións, que son centros de despilfarro e endogamia partidista.
c. Servizos públicos blindados (sanidade, educación, dependencia, pensións).
d. Recoñecemento da singularidade galega, como pobo cunha lingua e cultura propias dentro do estado español.
e. Un plan de choque contra a pobreza, a exclusión social e pola igualdade entre homes e mulleres.
f. O apoio ao sector agrícola, gandeiro e forestal, á súa modernización e internacionalización, así como á consecución de contratos entre industria e produtores a prezos xustos.