XINZO ADIANTE PRESENTA UNHA MOCIÓN URXENTE PARA SOLICITAR QUE SE DECLARE O CONCELLO DE XINZO DE LIMIA ZONA CATASTRÓFICA POR INUNDACIÓN

119
XINZO ADIANTE PRESENTA UNHA MOCIÓN URXENTE PARA SOLICITAR QUE SE DECLARE O CONCELLO DE XINZO DE LIMIA ZONA CATASTRÓFICA POR INUNDACIÓN

As fortes e continuadas chuvias que se produciron nas últimas semanas provocaron que moitas parcelas situadas no noso concello e destinadas a uso agrícola -e, singularmente aos cereais-, estean a día de hoxe inundadas, polo que a colleita de cereal periga. Isto, nunha comarca agrícola como a nosa pode producir un grave prexuízo económico para os agricultores e, como consecuencia, para o resto de sectores económicos, que dependen en grande medida de que o noso sector primario teña vitalidade e xere beneficios.

A xestión destas emerxencias e a minimización dos danos requiren o esforzo e colaboración de todas as Administracións Publicas implicadas mediante a actuación coordinada.

Xa que logo, desde Xinzo Adiante consideramos necesario que as distintas administracións, comezando polo concello, tomen decisións encamiñadas a tratar de paliar as perdas que as fortes chuvias desta primeira quincena de marzo causaron no sector agrícola da nosa comarca.

Neste sentido, o portavoz de Xinzo Adiante, Manuel Pérez Campos, vén de presentar unha moción urxente no concello, para propoñer que o pleno adopte os seguintes acordos:

Primeiro.- Acordar a declaración de zona catastrófica neste termo municipal polas choivas producidas durante a primeira quincena do mes de marzo.

Segundo.- Tramitar as solicitudes de axuda á Subdelegación do Goberno, achegando a documentación necesaria para acollerse ás mesmas. E no seu caso, a outras Administracións Públicas que sexan pertinentes.

Terceiro.- Solicitar a colaboración e cooperación de todas as Administracións Públicas implicadas, dando traslado deste acordo a; Ministerio do Interior,
Xunta de Galicia, Delegación do Goberno en Galicia; Deputación Provincial de Ourense.