XINZO ADIANTE PROPÓN REDUCIR AS DIETAS DOS CONCELLEIROS E RACIONALIZAR O FUNCIONAMENTO DA CORPORACIÓN MUNICIPAL, REDUCINDO O SEU GASTO E SENDO MÁIS EFICAZ.

votacións concelleiros XA
XINZO ADIANTE PROPÓN REDUCIR AS DIETAS DOS CONCELLEIROS E RACIONALIZAR O FUNCIONAMENTO DA CORPORACIÓN MUNICIPAL, REDUCINDO O SEU GASTO E SENDO MÁIS EFICAZ.

O grupo municipal de Xinzo Adiante vén de rexistrar no Concello unha moción para racionalizar o funcionamento dos Plenos

O grupo municipal de Xinzo Adiante vén de rexistrar no Concello unha moción para racionalizar o funcionamento dos Plenos, das Comisións informativas e das Xuntas de Goberno, que supón un aforro considerable para as arcas municipais.
No actual contexto de crise económica, no que os cidadáns teñen sufrido todo tipo de recortes, ao que no Concello de Xinzo de Limia temos que engadir o brutal plan de axuste aprobado polo PP, para amortizar a débeda que a súa mala xestión xerou, consideramos que somos as distintas forzas políticas as que temos que dar exemplo e demostrar que estamos en para cambiar as cousas e que temos que empatizar coa cidadanía á que representamos.

O concello de Xinzo presupostou para o ano 2014 unha partida de 100.000 euros para pagar as dietas dos concelleiros/as por asistir aos Plenos, Comisións informativas e, no caso do grupo
goberno –PP-, para pagar as dietas pola asistencia dos concelleiros/as ás Xuntas de Goberno. A isto hai que engadir a dedicación exclusiva que na anterior lexislatura tiña unha concelleira. Parécenos un gasto esaxerado. Por iso, desde Xinzo Adiante, propoñemos TRABALLAR MÁIS E COBRAR MENOS, ademais de racionalizar o funcionamento dos órganos de goberno. En concreto, as medidas contempladas na moción son as seguintes:

1. Rebaixar a 100 euros por asistencia a Pleno, Comisión informativa e Xunta de Goberno a cantidade que cada concelleiro cobra.

2. Realizar plenos mensuais e non cada dous meses, pois, ao transcorrer tanto tempo entre Pleno e Pleno, hai asuntos que cando se tratan xa están fóra de contexto e asíevítase ter que convocar Plenos extraordinarios.

3. No caso de convocar Plenos extraordinarios, só se poderá cobrar por un máximo de tres plenos ao ano; polos que se convoquen a maiores, os concelleiros/as non percibirán ninguna retribución.

4. Só se percibirá retribución por un máximo de 12 Comisións Informativas ao ano e, no caso dos membros da Xunta de Goberno –PP-, ata un máximo de 52 reunións dese organismo ao ano. Todas as reunións que se convoquen a maiores non suporán ningunha retribución para os concelleiros/as.

5. Limitar a 5 os membros da Xunta de Goberno, incluído o Alcalde e, no caso das Comisións Informativas, en lugar de estar formadas por 13 dos 17 concelleiros –como pasa na actualidade propoñemos que haxa un representante de cada grupo municipal, máis o Sr. Alcalde, con voto proporcional á representatividade de cada, logrando deste xeito unha maior axilidade na súa convocatoria, así como unha redución do seu custo económico.

6. Non se percibirá ningún tipo de retribución por asistencia ás Xuntas de Portavoces.

7. Para garantir a conciliación entre a vida laboral e política de todos os concelleiros/as – non todos son autónomos, e moitas/os traballan na empresa privada-, os Plenos e todo tipo de reunións realizaranse pola tarde. Así, tamén se contribúe a permitir que as veciñas/os deste municipio poidan asistir aos Plenos e participar así da política municipal. En definitiva, abrir o Concello á sociedade.
En definitiva, propoñemos abrir o Concello á sociedade, aforrar cartos, traballar máis e ser máis eficientes.