"Xinzo adiante" quere aclarar da súa NON asistencia a inauguración da exposición de ALGARIA

IMG_20180921_194909
"Xinzo adiante" quere aclarar da súa NON asistencia a inauguración da exposición de ALGARIA

Segundo manifestan: Ninguén lle transmitiu a invitación

En relación ao artigo publicado polo seu medio de comunicación en referencia á inauguración da mostra de pintura realizada polas socias de Algaria, Xinzo Adiante quere puntualizar o seguinte:

O noso grupo municipal non asistiu á devandita inauguración porque non foi informado deste evento. Se tivésemos coñecemento do mesmo, estariamos encantados de ter asistido, como sempre facemos cando calquera colectivo, asociación ou calquera organismo realiza unha actividade e somos informados da mesma.

Realizamos esta aclaración porque no artigo que vostedes publicaron indican que os representantes dos distintos concellos da Limia estaban convidados e subliña que tan só tres concelleiros do PSOE de Xinzo estaban presentes na mostra.

Se Algaria realizou este convite a todos os Concellos da Limia, queda claro que o concelleiro responsable de comunicación do Concello de Xinzo de Limia obrou neglixentemente, posto que a Xinzo Adiante nin nos informou desta inauguración, nin do convite realizado pola Asociación.