XINZO ADIANTE SOLICITA A INMEDIATA DIMISIÓN DO ALCALDE DE XINZO

xinzo adiante anagrama
XINZO ADIANTE SOLICITA A INMEDIATA DIMISIÓN DO ALCALDE DE XINZO

Despois de facerse pública a sentenza que condena ao alcalde de Xinzo de Limia a 8 anos e medio de \“inhabilitación especial\” por prevaricación, solicitamos a inmediata dimisión do señor Antonio Pérez do cargo que ocupa.

Consideramos moi grave que a xustiza acredite que este señor contratou por decreto a varias persoas, sabendo que o que facía era ilegal, \“de forma notoria e groseira, pisoteando os principios constitucionais de mérito e capacidade\”, tal e como indica a Fiscalía, e engade que o fixo coa única intención de perpetuar \“unha cadea de favores para manterse no poder e afianzar unha rede clientelar de votos\”.

xinzo adiante anagrama

A xustiza non fai máis que corroborar o que sempre foi un segredo a voces: a cambio de votarlle ao PP, varias persoas accederon a un posto de traballo público, que pagamos todos os cidadáns de Xinzo de Limia cos nosos impostos. E o único mérito que se valorou foi ser afín e votante do PP. O señor alcalde converteu o concello no seu \“cortijo\” particular, posto que, tal e como recoñeceu a súa concelleira de Persoal na anterior lexislatura e actual concelleira do PP e así acredita a Xustiza, el era quen tomaba as decisión en materia de contratación de persoal.

Do mesmo xeito, no caso de que este señor se aferre ao cargo, falaremos co resto da oposición para solicitar un pleno extraordinario para esixirlle que dimita. Nese pleno o señor Baltar e os concelleiros do grupo do PP deberán decidir entre apoiar a un condenado que se deu de baixa no PP, pero que se mantén no cargo grazas aos concelleiros do PP; ou retirarlle o seu apoio. O señor Baltar afirmou que a \“transparencia é o mellor antídoto contra a corrupción\”. Na actuación do alcalde non hai nada de transparencia e si presunta corrupción. Se os concelleiros do PP e o señor Baltar son coherentes, deben retirarlle o apoio ao señor Antonio Pérez.

A cidadanía de Xinzo de Limia merece pasar esta páxina de escurantismo e caciqueo e non merece ser gobernada por unha persoa inhabilitada xudicialmente por realizar contratos a dedo.