XINZO ADIANTE XA , verá a luz o sábado

cartel
XINZO ADIANTE XA , verá a luz o sábado

Este é o nome escollido pola plataforma cidadá para repsentarse as eleccións municipais de maio

O acto de fundación terá lugar o sábado a partir das 20;30 non restaurante Frita. O acto están convidados todos os veciños que queiran acudir.

O que sabemos e que esta plataforma pretende ser encabezada polo concelleiro, neste momento independente, Pérez Campos e que xa comprometeron o seu apoio colectivos como Podemos e tamén por boca do representante de CxG, Pérez Bouza, eles tamén estaran apoiando.

Adxuntaos o manifesto que a plataforma ten colgada nas redes sociais.

XA chegou o momento de presentar un proxecto sólido para o concello de Xinzo de Limia. XA é o momento no que o pobo debe tomar a palabra e implicarse.

XA estamos fartos de presuntas corruptelas, presuntos enchufismos, xuízos que temos

que pagarlles aos nosos representantes cos cartos de todos, unha débeda insostible.

XA abonda de impostos abusivos por culpa dunha nefasta xestión;

XA está ben de ter que deber presuntos favores e de cacicadas;

XA está ben de ofrecer postos de traballo que pagamos entre todos para obter votos –e

logo, a maior parte das promesas seica non se cumpren-.

XA chegou o momento de cambiar.


Por iso, veciñas/os, estades convocadas/os á presentación deste novo proxecto electoral, feito por veciños, por unha maioría que nunca participou na política, pero que cremos que non podemos seguir así. Animámosvos a que veñades a esta asemblea e formedes parte da candidatura veciñal por e para os veciños de Xinzo.
Malia os esforzos dalgúns por impedir que nos presentemos, ímolo facer, dá igual canta xente envíen a "vixiar" e dan igual as coaccións. XINZO ADIANTE XA! Nunca máis que agora, chegou a hora de que as veciñas e veciños de Xinzo de Limia nos gobernemos sen ningún vello partido que nos tutele. Somos nós e para nós mesmos, sen depender de ninguén. Agardámosvos!!!