"Xinzo conta cun candidato xoven con proxecto, con propostas e moita ilusión”.

IMG_7781
"Xinzo conta cun candidato xoven con proxecto, con propostas e moita ilusión”.

Declarou J.M. Baltar na presentación de Antonio Fernández "Toni" como candidato do PP

Logo de obter o apoio maioritario da xunta local do Partido Popular. Un resultado que o propio candidato valorou de xeito moi positivo e que, segundo dixo, dalle forzas para traballar por un concello no que procurará o fomento do emprego, opcións de futuro para os mozos e benestar para os maiores.

Fernández Veiga agradeceu a confianza do PP local, así como do presidente provincial, Manuel Baltar, -que tamén se achegou á sede do partido en Xinzo-, afirmando que foron moitas as persoas que lle animaron a dar o paso, “que o fixen en tempo en forma, presentando a miña candidatura, que foi a única, e a que resultou elixida”.

O candidato defendeu ao Partido Popular de Xinzo como un partido forte “que sempre contou co apoio da dirección provincial e autonómica e no que todos temos cabida e podemos aportar algo”.

Veiga sinalou que agora toca poñerse a traballar para escoller un equipo de persoas onde se mesturen a renovación, a veteranía e a mocidade “que ao meu entender son exios básicos nunha candiduta”.

O presidente provincial, Manuel Baltar, felicitou ao candidato afirmando que a súa elección era froito “dun proceso democrático dentro dos órganos locais do partido, o que lle da a forza das urnas que tamén esperamos en maio. O partido en Xinzo deu unha lección de democracia validando todo este proceso nas urnas, malia que só había un candidato”.

Fernández Veiga, destacou o presidente provincial, ten unha ampla traxectoria na militancia do PP desde a súa etapa en Novas Xeracións e coñece funcionamiento do concello. Agora, engadiu, “ponse a disposición do partido e desde a dirección provincial non podemos mais que apoialo e axudalo”.

O máis importante deste proceso, subliñou Baltar, é que en Xinzo “hai unha formación política que quere seguir gobernando, que quere seguir tendo a confianza maioritaria das súas xentes, que conta cun candidato xoven con proxecto, con propostas e moita ilusión”.