Xinzo conta cunha tenda de Comercio Xusto

Tenda comercio xusto
Xinzo conta cunha tenda de Comercio Xusto

O CDR O VISO, recórdanos a instalación dunha tenda de Comercio Xusto na nosa Vila, xestionada pola asociación sen ánimo de lucro.

Dentro da tenda recórdannos que na mesma ademais de produtos de alimentación, tamén teñen cosmética natural e artesanía.

O horario de apertura da tenda abarca dende as 10:00 ata as 14:00 e de 16:00 as 18:00 de luns a venres na primeira planta do nº1 da Praza Maior de Xinzo.

Ademais do recordo da tenda, queren agradecer a tódolos que utilizan ós produtos deste comercio desexándolle a eles a todos os demais veciños un feliz ano 2015