As 15 horas a praza Maior de Xinzo, tiña un aspecto “desolador” e precisamente o sol fixo que l este rapaz que tivo que atravesala a aquelas horas, non encontrara outra maneira de “pasar o mal trago” que facelo tapando a cabeza desta maneira.
Pouco mais tarde se soupo onde estaba toda a xente da vila.
MAIS DE MIL CINCOCENTAS PERSOAS
Esa é a cifra aproximada que os responsables da xestión das piscinas municipais contabilizaron nos dous días de venres e sábado.
Este sábado xa tiveron que reforzar o persoal do bar, no cal nos indican que as augas frescas acabáronse e tiveron que recorrer ao conxelador, para poder ofrecerlle aos bañistas un refrixerio algo fresco.
SEN INCIDENCIAS
As 19 h de hoxe sábado e despois de ter pasado tanta xente polo recinto, tanto para bañarse, como para comer e merendar a sombra, os socorristas informaron a “dendealimia” que, coa afluencia masiva de xente o número de incidencias foi cero.