Xinzo quere repetir galardón

256
Xinzo quere repetir galardón

A unidade de doazón tivo colas a pesares das altas temperaturas.

O venres volveu a estar en Xinzo a unidade móbil de doazón de sangue da fundación galega.

Era a súa primeira estancia na vila, despois de ter recibido o distintivo nesta mesma semana, como un dos concellos mais solidarios de Galiza en canto a doazóns por habitante.

Supoñemos que para \“celebralo\” a xente acudiu masivamente a facer a súa doazón, posto que durante toda a tarde, a pesares da alta temperatura, próxima aos 40º as colas foron constantes, tal e como podemos comprobar nas instantáneas.

Bonita maneira de celebrar a distinción.