Xinzo sae á rúa a desfrutar do sol

IMG_20170407_192114
Xinzo sae á rúa a desfrutar do sol

O inicio da primavera e o bo tempo deixou estampas de convivio e ocio nas principais prazas da vila de Xinzo.

A xente saiu á rúa. A chegada do bo tempo fixo que a Praza Maior e a Praza Carlos Casares se enchesen de xente nas terrazas e nenos xogando. Non sabemos se o sol permanecerá na Limia durante as vacacións de Semana Santa, pero os comerciantes agradeceron o bo ambiente que se respirou hoxe na vila.

IMG_20170407_192154

Ao ambiente de ocio e desfrute colectivo uniuse a presencia da Banda de Gaitas Infantil, que amenizou a tarde na Praza Maior.